(Santiago de Compostela, España, 1801 - Santiago de Compostela, España, 1847)
Apuntes biográficos/históricosCursou estudios de Teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela ata recibir o grao de bacharel. Continuou a carreira eclesiástica pero, aínda sendo considerado unha persoa brillante tanto na prensa como no púlpito, vítima de numerosas envexas non chegou a obter máis que dous pobres curatos, o de Doirnelas e o de San Paio de Carreiras. Figurou entre os autores que fundaron a "Academia Literaria", en Santiago, da que foi socio de mérito e, con algúns deles, colaborou nas revistas La Aurora de Galicia e El Idólatra de Galicia.