Francisco Javier Rodríguez Gil foi un filólogo galego, autor do primeiro Dicionario galego-castelán moderno (1863). Era sobriño do matemático e astrónomo José Rodríguez González e cursou estudos eclesiásticos. Xa ordenado sacerdote, conviviu en Santiago de Compostela co seu tío, que influíu no seu talante liberal e no seu empeño en dignificar a lingua galega.
Foi membro destacado e bibliotecario da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, e rexentou por un tempo a biblioteca da Universidade.
Dedicouse a compilar un Dicionario galego-castelán (1863) seguindo de preto aos pais benedictinos da Ilustración, Martín Sarmiento e Juan Sobreira, e publicou en varios números da revista "Galicia: revista universal de este reino".Cando Francisco morreu, Antonio da Igrexa González recompilou as súas notas e publicounas en 1863. Este primeiro dicionario galego conta de 3.834 entradas, pero só 2.184 son de autoría de Francisco Rodríguez. A súa obra serviu de fundamento para os textos publicados despois por Juan Cuveiro Piñol e Marcial Valladares Núñez.
Enlaces relacionados
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal