Apuntes biográficos/históricosCatedrático de Agricultura no Insituto de Ensino Medio da Coruña, introdúcese nos ambientes agraristas a través da súa colaboración da revista Prácticas Modernas e o Boletín de la Granja Agrícola, onde publicaba os resultados de moitos dos seus traballos. Hernansáez acadou logros importantes tanto no campo da mecanización do agro, como no que atinxe a temas de fertilización e novos cultivos.
Foi director da Escuela de Praticultura y Cultivos de Vega de San Pedro de Nós.
Non coñecemos as súas datas de nacemento e defunción, pero a maioría dos seus traballos están datados no principio do século XX.
Formas alternativas do nomeHernansáez y Moscoso, José María
Hernansáez Moscoso, José M.
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o día 20 de setembro de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2410
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. Consultado o día 20 de setembro de 2021. XX1304453