(Santiago de Compostela, España, 1864 - Lugo, España, 1932)
Apuntes biográficos/históricosEstudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela inda que rematou os estudos en Valladolid. Tras unha corta incursión no mundo da avogacía pasou a dedicarse á agricultura.
Fixada a súa residencia en Vigo onde tamén foi profesor no colexión La Concepción formou parte da Liga dos Defensores de Vigo e tamén ocupou cargos no Concello e na Cámara de Comercio.
Loitador contra o caciquismo, participou tamén no movemento galeguista cultural do momento.
Escritor sobre todo de poesía e fábulas, tamén traballou sobre o mundo do folclore galego. Pero fundamentalmente é recoñecido pola fundación en Lugo de A Monteira xunto a Manuel Pardo Becerra, semanario rexionalista cunha vida moi curta, de outubro de 1889 a decembro de 1890. Tamén creou o xornal La Razón en Vigo que tivo unha vida máis longa, de 1889 a 1894.
O 13 de decembro de 1909 ingresou na Real Academia Galega cun discurso sobre a Poesía Galega, que foi o primeiro en ser lido en galego na historia da institución.
Formas alternativas do nomeMontenegro, Amador, 1874-1932
Montenegro L. Saavedra, Amador
Seudónimo:
Seudónimo: Daamor, 1864-1932
Seudónimo: Roca, Esperanza, 1864-1932
Seudónimo: Sánchez, Pedro, 1864-1932
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o día 21 de setembro de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=3251
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. Consultado o día 20 de setembro de 2021. XX927764