(Santiago de Compostela, A Coruña, España, 1850 - Madrid, España, 1916)
"Alfredo Vicenti Rey, nado en Santiago de Compostela o 20 de novembro de 1850 e finado en Madrid o 30 de setembro de 1916, foi un médico, poeta, xornalista e político galego. Estudou Medicina e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, carreiras nas que nunca exerceu, pois dedicouse pronto ao xornalismo e á política.
En 1875 comezou a redactar en Santiago o texto de A orillas del Ulla, que publicou no xornal ourensán El Heraldo Gallego dirixido polo seu amigo Valentín Lamas Carvajal. Xa era redactor xefe de El Diario de Santiago cando se produciu o levantamento cantonal de Ferrol en 1872. En 1878 é xa director deste diario, cuxa cabeceira foi substituída logo pola de Gaceta de Galicia.
O seu ideario era o do partido demócrata e sostivo unha ideoloxía republicana e federal, partidaria da autonomía galega, iberoamericanista, anglófila e lusitanista. Anticlerical, defendeu con todo a liberdade de cultos. Foi amigo de Galdós, de Ramón María del Valle-Inclán, a quen descubriu, e de Castelao. Casado con Emília Díez de Tejada e Hurtado de Mendoza, foi pai adoptivo de Eulalia Vicenti Díez de Tejada, xornalista e figura importante na loita feminista española, e tataravó do barítono internacional Jorge Chaminé, Medalla de Dereitos Humanos da Unesco e Músico para a Paz, nomeado en novembro de 2011."
Enlaces relacionados
earthGalipedia
earthWikipedia
earthReal Academia de la Historia
earthDialnet
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal