Apuntes biográficos/históricosUltreya foi unha organización xuvenil galeguista fundada en 10 de febreiro 1932 en Noia. Recibe o nome polo nome do título dun canto dos peregrinos neerlandeses ao chegar ao sartego do apóstolo Santiago. Impulsada por Álvaro das Casas era unha organización semellante aos exploradores xuvenís e estaba inspirada na organización catalanista Palestra.
Os Ultreyas ían uniformados levando todos xersei e camisola co símbolo da organización cosido, un tríscele vermello.
Aínda que xa desde o comezo quedara clara a intención de fuxir das cativas parodias militares, a estrutura dos Ultreya era bastante semellante a algunha destas como os Boy Scouts. Organizábase en dúceas dirixidas por un guieiro, cada doce dúceas formaban unha liña dirixida por un maor. No nivel superior do organigrama situábase o Consello, integrado por Xosé Filgueira Valverde, Xurxo Lourenzo, Raimundo Aguiar, Xoan Rodríguez Tenreiro como vogais, Francisco Fernández del Riego como secretario xeral e Álvaro das Casas como Rexente.
Á marxe dos devanditos membros directivos foron bastantes as personalidades da cultura galega incluídos nas dúceas: Ramón Martínez López, Xaime Illa Couto, Ramón de Valenzuela, Manuel Lesteiro, Rufo Pérez, Xesús Ferro Couselo...
Galipedia