(Barqueiro, Mañón, A Coruña, España, 1870 - Ortigueira, A Coruña, España, 1943)
Apuntes biográficos/históricosFoi un arqueólogo e político galego.
Fillo de Vicente Maciñeira González e Escolástica Pardo de Lama Lage, XVII Señora da Torre da Lama.
De formación autodidacta, ás súas achegas máis salientables no mundo arqueolóxico foron o estudo das mámoas das comarcas do Ortegal e Eume, máis de cen enterramentos megalíticos que se dispoñen na vía que vai polas serras de Faladoira e Coriscada, a través dos concellos de Ortigueira, Mañón e As Pontes de García Rodríguez. Tamén estudou os castros desta mesma área, e realizou escavacións arqueolóxicas no porto protohistórico de Bares.
Os seus estudos constitúen unhas das primeiras intervencións arqueolóxicas con carácter científico feitas en Galicia. A publicación destes traballos en publicacións tanto da nosa terra, como da Península Ibérica convertérono no arqueólogo galego máis destacado da súa época, así como o máis recoñecido en círculos internacionais.
Os seus descubrimentos foron importantes para a reconstrución da Historia Antiga da Península Ibérica. Membro Numerario da Real Academia Española da Historia, foi un dos historiadores peninsulares con máis proxección universal no primeiro terzo do século XX.
Foi alcalde de Ortigueira de 1916 a 1917 e novamente de 1918 ate a ditadura de Primo de Rivera, e deputado provincial. Foi nomeado Xefe Superior da Administración Civil en 1923. Volveu ser alcalde de Ortigueira coa caída da ditadura de Primo de Rivera, pero presentou a dimisión en setembro de 1930. Galipedia
Formas alternativas do nomeManciñeira y Pardo de Lama, Federico, 1870-1943
Maciñeira Pardo-de-Lama, Federico, 1870-1943
Maciñeira Pardo de Lama, Federico, 1870-1943
Maciñeira Pardo de Lama, Federico Guillermo, 1870-1943
Maciñeira, Federico, 1870-1943
Manciñeira Pardo de Lama, Federico
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 27 de agosto de 2014 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2946
2. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1010859. Visitado o 23 de abril de 2020.