(Ferrol, España, 1889 - Palas de Rei, Lugo, España, 1936)
Apuntes biográficos/históricosFoi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.
Camilo estudou en Ferrol no Colexio Dequidt e alí compartiu aulas con Francisco Franco. En 1905 trasladouse a Madrid pensionado pola Deputación da Coruña, pero como non chegou a axuda prometida traballou nun taller de escenografía e regresou á Coruña onde ingresou na Escola de Artes e Oficios. En 1908 volveu a Madrid, contratado polo ministerio de Graza e Xustiza, e estudou escenografía. Participou na Exposición Rexional de 1909, na que obtivo medalla de ouro. En 1916 iniciou a súa relación profesional co empresario de cines Isaac Fraga. Participou na Exposición Rexional de Arte Galega celebrada na Coruña en 1917. En 1920 trasladouse a Santiago de Compostela onde estableceu o taller de escenografía da Empresa de Espectáculos Fraga (1920-1924) coa que se trasladou a Madrid entre 1922 e 1924. Participou na Exposición Rexional Galega de Belas Artes de Santiago de 1923. En 1925 ingresou como delineante interino no concello de Santiago e despois obtivo o posto en propiedade. De xaneiro a maio de 1931 a Coral de Ruada fixo unha rolda de concertos por Arxentina, Uruguai e Brasil na que Díaz Baliño foi o escenógrafo. Participou na Exposición de Arte Galega celebrada no Colexio de San Clemente no verán de 1926.
Foi membro das Irmandades da Fala desde 1918 e do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e militante do Partido Galeguista (1931). Fixo relatos e ocasionalmente poesías que apareceron publicados na prensa galega da época, sobre todo en A Nosa Terra, cun forte estilo patriótico. Deseñou a capa de varios libros, entre eles as obras publicadas na colección Lar. Da súa imprenta tamén saíu o cartel en prol do 'si' no plebiscito de 28 de xuño de 1936 do Estatuto de Autonomía de Galicia.
Pertenceu á masonería, que foi perseguida polo seu propio irmán Gonzalo, membro da Milicia dos Cabaleiros da Coruña e da Brigada de Investigación e Vixianza.
Detido ao comezo da guerra civil española, estivo na prisión de Santiago de Compostela, nos baixos do Pazo de Raxoi. Estando prisioneiro ilustrou un álbum no que debuxou os seus vinte e seis compañeiros. Despois de estar unhas horas no cárcere de Arzúa, tres falanxistas asasinárono en Palas de Rei o 14 de agosto de 1936, O seu cadáver apareceu, canda o de Sixto Aguirre, á beira da estrada en Saa, na parroquia de Meixide.
Galipedia
Formas alternativas do nomeDíaz Baliño, 1889-1936
Baliño, 1889-1936
Díaz, Camilo, 1889-1936
Fontes consultadas1. WWW Autores galegos na BUSC. Visitado o 29 de abril de 2020. Díaz Baliño, Camilo, 1889-1936)
(Baliño)
(Díaz, Camilo)
(Naceu en Ferrol e finou en Coence (Cerceda). Membro activo das Irmandades da Fala. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga ademais de noutras obras da literatura galega. Poeta ocasional. Muralista e escenógrafo. Artista gráfico. Fixo humor gráfico en publicacións locais e latinoamericanas http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=1349
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX955415. Visitado o 29 de abril de 2020.
3. Catálogo de autoridades da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Visitado o 29 de abril de 2020. https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-authoritiesdetail.pl?authid=57251