Apuntes biográficos/históricosFoi un pintor e gravador. Conseguiu varios premios nacionais como a medalla Nacional de Belas Artes (1932), ou o premio Duque de Alba no concurso nacional organizado polo Círculo de Belas Artes de Madrid (1934). É tamén medalla de ouro ao Mérito en Belas Artes (1974) e medalla de ouro de Galicia (1991).
No ano 1917 trasladouse a Madrid para estudar pintura co entón director do Museo do Prado: Álvarez de Sotomayor. Mantivo esta colaboración ata o ano 1921. Escribiu nalgunhas revistas galegas como «Alfar» e « Nós». En 1928 cruzou o Atlántico para visitar Bos Aires e Montevideo, onde expuxo a súa obra. Ao seu regreso a España fundou a agrupación de gravadores «Los veinticuatro».
En 1932 é elixido presidente da Agrupación Española de Artistas Gravadores.
Tivo competencias restauradoras do patrimonio español durante a Guerra Civil, xunto con Ramón Stolz Viciano, e o arquitecto do Museo do Prado José Liño Vaamonde.
Wikipedia
Formas alternativas do nomePrieto, Julio, 1896-1991
Prieto Nespereira, 1896-1991
Prieto Nespereira, Xulio, 1896-1991
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 29 de abril de 2020. http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=3998
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX929220. Visitado o 29 de abril de 2020.