Apuntes biográficos/históricosEn Cristal e Spes destaca o traballo do mozo Turas. Pouco sabemos da vida de Ventura de Dios López, Turas é a sinatura máis común aínda que tamén atopamos a firma T e outros gravados sen firma que son, probablemente, da súa autoría. Turiñas era o apelativo cariñoso co que o coñecían os seus amigos. Parente de Castelao, viuse animado por este a practicar o debuxo e o gravado sobre linóleo. As súas obras en Cristal traslucen un proceso de aprendizaxe e adquisición de seguridades que se achegan aos medios formais das vangardas, especialmente o expresionismo e o surrealismo, o seu posterior traballo en Spes resulta máis seguro, pero afastado aos poucos da influencia vangardista, moverase entre dramáticas e expresivas imaxes relixiosas e certo ton rexionalista. A morte sorprendeu a Turas na Guerra Civil como soldado do bando rebelde na fronte da Casa de Campo de Madrid.
Roberto Vázquez Rozas