(Barro, Pontevedra, España, 1869 - Santiago de Compostela, España, 1930)
"Ángel María José Amor Ruibal, nado en Cangrallo (Barro) o 11 de marzo de 1869 e finado en Santiago o 4 de novembro de 1930, foi un destacado pensador galego.
Malia as múltiplas preocupacións e unha precaria saúde, logrou unha extensa produción apoiada na súa enorme erudición novecentista que abranguía a lingüística, a historia, a canonística teórica e práctica, a teoloxía e sobre todo a filosofía. Posuidor dunha prodixiosa memoria, a súa tenacidade superou a dificultade que existía no afastamento de Santiago respecto dos centros culturais e do ambiente cultural en xeral, sobre todo para a xente que o rodeaba."
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal