(Ourense, España, 1865 - Santiago de Compostela, España, 1954)
Apuntes biográficos/históricosVicente Goyanes Cedrón, nado en Ourense en 1865 e finado en Santiago de Compostela o 30 de xaneiro de 1954, foi un médico, profesor e político galego.
Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1926 foi nomeado catedrático de Histoloxía e Anatomía Patolóxica da USC. Foi director do manicomio de Conxo, do Gran Hospital e da leprosería de San Lázaro, médico da beneficencia provincial e director do laboratorio, autopsias e tratamento antirrábico do Hospital Clínico. Foi alcalde de Santiago de Compostela entre abril de 1922 e o 29 de agosto de 1923.
Galipedia