Apuntes biográficos/históricosFoi redactor na Coruña de Vida Gallega, colaborou en Coruña Cómica (co pseudónimo "Fabriella") e en Tierra Gallega (co pseudónimo "L. de S."). Foi un dos fundadores das Irmandades da Fala e colaborou en A Nosa Terra, da que foi director durante a ditadura de Primo de Rivera.
No campo teatral dirixiu os grupos de teatro dos coros Cantigas da Terra e Saudades e entre 1922 e 1926 a Escola Dramática Galega, herdeira do Conservatorio Nazonal da Arte Galega e fundou a Editorial Lar en 1924. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos.
Cando morreu o seu fillo Leandro Carré Brandariz (1913-1937) en estrañas circunstancias en Asturias, foi buscalo con resultados infrutuosos, detivérono ao volver á Coruña e pasou cinco meses no cárcere. Colaborou coa prensa emigrada e do exilio. En 1945 ingresou na Real Academia Galega. Wikipedia
Fontes consultadas1. Autores Galegos na BUSC. Visitado o 21 de abril de 2020 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=929
2. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX967520. Visitado o 21 de abril de 2020
3. Wikipedia Escritor galego (1888-1976)