Apuntes biográficos/históricosLuís Huici Fernández, nado en Barballor (Zaragoza) en 1896 e finado en Pastoriza (Arteixo) o 20 de agosto de 1936, foi un pintor, debuxante e gravador galego.
Fillo dun farmacéutico galego e de nai asturiana. Cando morreu o seu pai foi vivir con súa nai a Oviedo, onde aprendeu o oficio de xastre. Instalouse na Coruña cara a 1920. No seu taller celebrábase un parladoiro no que participaban Álvaro Cebreiro, Manuel Crestar, Francisco Miguel Fernández Moratinos, Luís Seoane e José Villaverde Velo. Militante de Izquierda Republicana, foi presidente do grupo Amigos de las Artes Nuevas (ADLAN) e pertenceu ao Centro de Estudios Sociales Germinal. Fundou o primeiro cineclub da Coruña. Foi redactor de El Noroeste e as súas obras publicáronse en La Zarpa, Vida, Galicia, Tonel, Luz e Alfar. Foi asasinado en agosto de 1936.
Galipedia