Apuntes biográficos/históricosOlivier Mordrelle, coñecido como Olier Mordrel, foi un arquitecto, escritor e político francés.
Activista nacionalista bretón, é un dos cofundadores do periódico "Breiz Atao", do Partido Autonomista Bretón e despois do Partido Nacional Bretón (PNB).
Foi un colaboracionista nazi antes de ser destituído do PNB polo exército de ocupación alemán. Olier estaba a favor da autonomía de Bretaña como nación asociada á Francia.
Utilizou os seudónimos Jean de La Bénelais, Er Gédour, Calvez e Olivier Launay.
É considerado hoxe un dos teóricos do nacionalismo bretón e a súa influencia chega a día de hoxe á facción máis á dereita do Emsav.
Formas alternativas do nomeCalvez, A. , 1901-1985
La Bénelais, Jean, 1901-1985
Mordrelle, d'Olivier, 1901-1985
J. la B. , 1901-1985
Gédour, Er, 1901-1985
Launay, Olivier, 1901-1985
Fontes consultadas1. Catálogo de la Biblioteca Nacional de Francia. Visitado o 12 de marzo 2021.