Apuntes biográficos/históricosJulio Pérez de Guerra, nado en Chantada o 23 de xullo de 1893, foi un avogado e xornalista galego.
Fillo de Martín Pérez Pérez e Antonia Guerra Díaz-Varela. Colaborou en Ilustración Gallega. Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid e formou parte da redacción de "El Debate". Retornou a Chantada cando rematou a carreira en 1917 e foi redactor de "El Centinela", correspondente de "La Región" e "El Eco de Galicia", e colaborou en "Vida Gallega" e "La Gaceta del Norte de Bilbao". Dende 1918 pasou a residir en Lugo para ser redactor-xefe, e logo director de "La Voz de la Verdad" (1920-1921). Colaborou en "El Ideal Gallego", "Galicia Social Agraria" e "El Progreso". Foi presidente da Asociación da Prensa de Lugo. Vinculado ao sindicalismo católico agrario, foi secretario da Unión Patriótica e concelleiro do concello de Lugo durante a ditadura de Primo de Rivera. Foi directivo das Irmandades da Fala de Lugo. En 1930 ingresou por oposición no Corpo de Secretarios. Foi secretario do Concello de Lugo dende 1956.