Apuntes biográficos/históricosEdicións Castrelos foi unha editorial galega fundada en 1963 e radicada en Vigo. A Editorial Galaxia mercouna en 1979.
Fundada en Vigo en 1964, con capital dos irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, coa finalidade de lograr unha maior penetración social do libro galego mediante a impresión de obras de elaboración menos custosa que as publicadas pola Editorial Monterrey.
A colección Pombal estaba destinada á recuperación dos clásicos da literatura galega, aínda que despois publicou obras de autores coetáneos.
A colección O Moucho tivo como primeiro número Catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal, asinado co pseudónimo Frai Marcos da Portela. A venda resultou espectacular, chegando a máis de 10 edicións nos tres primeiros anos, difundíndose máis de 30.000 exemplares a 100 pesetas. O seu deseño baseábase en cores vivas e debuxos de Bofill que lle outorgaron moita sona. O éxito deste libro permitiu que a editorial puidese continuar a súa traxectoria e tirar do prelo novos títulos.
Galipedia