Apuntes biográficos/históricosFoi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como "O Tio Marcos d'a Portela", "La Zarpa", "Nós", "A Nosa Terra", "Lar", "Opinión Gallega", "Eufonía", "La Temporada en Mondariz", "Faro de Vigo", "La Noche", "Vieiros", "Boletín de la Real Academia Gallega", "Cuadernos de Estudios Gallegos", "El Museo de Pontevedra" e "Chan". Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.
Influenciado polo ambiente familiar era fillo de Pío Ramón Oxea (Allariz 1869-Ourense 1943), militante nacionalista e mestre da escola normal, e neto de Elixio Oxea quen presidira a Asociación Regionalista Gallega Ben-Cho-Shey participou activamente moi novo nos movementos galeguistas como as Irmandades da Fala, sociedade na que aparece entre os membros fundadores en Ourense.
En 1920 foi destinado a Marrocos onde adoptou o pseudónimo de Ben-Cho-Shey para asinar as crónicas de Guerra do Rif que enviaba ao diario ourensán "La Zarpa".
En 1925 é mestre nacional por oposición, pois xa en 1915 tiña acadado a reválida de mestre de ensino primario con premio extraordinario. Exerceu o seu labor no concello coruñés de Cariño e na parroquia ourensá de Santa Marta de Moreiras (O Pereiro de Aguiar). Para este último lugar elaborou un modélico estudo, porén a súa publicación se demoraría ata 1968.
A finais da década de 1920 viaxou por Francia e Bélxica cunha bolsa polas deputacións galegas para perfeccionar a súa formación pedagóxica. Alí comprobou de primeira man o emprego de novas metodoloxías e apreciou a realidade socio-lingüística daqueles países, o que o levará a reflexionar sobre a necesidade da presenza da lingua galega no ensino primario.
En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos. Dous anos despois fórmase con Manuel Gómez Moreno en Arte e Arqueoloxía. Casou en 1931 con Isabel Algarra, de Linares, Provincia de Xaén. No ano 1931 é un dos membros fundadores do Partido Nazonalista Republicán de Ourense. En 1935 ingresou por oposición na Inspección do Ensino Primario. É destinado a Lugo onde vai presidir o Partido Galeguista.
Pola súa traxectoria galeguista ao comezo da guerra civil as novas autoridades suspendérono nas súas funcións en 1937, e foi desterrado a Cáceres. En 1951 pediu traslado a Toledo e viviu en Madrid. Desde alí impulsou numerosas iniciativas culturais a prol de Galicia.
A Real Academia Galega nomeouno membro correspondente en 1943. Foi correspondente, tamén, da Real Academia de la Historia, do Instituto de Coimbra e da Sociedade de Geografia de Lisboa. Xubilouse en 1966. En 1981 foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Humorista e literato, é moi coñecido pola maior recolleita feita nunca sobre o barallete, a fala dos afiadores.
Galipedia
Formas alternativas do nomeFernández Oxea, José Ramón, 1896-1988
Fernández Oxea, X. Ramón, 1896-1988
Fernández Oxea, Xosé Ramón, 1896-1988
Ramón e Fernández Oxea, José, 1896-1988
Ramón y Fernández-Oxea, José, 1896-1988
Fernández-Oxea, Xosé Ramón, 1896-1988
Ramón y Fernández Oxea, José, 1896-1988
X.R.F. (Ramón e Fernández Oxea, Xosé), 1896-1988
Seudónimo:
Seudónimo: Fouciño, Xan, 1896-1988
Seudónimo: Ben-Cho-Shey, 1896-1988
Seudónimo: Ben-Cho-Sei, 1896-1988
Seudónimo: Ramà , 1896-1988
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 21 de maio de 2020 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=4085
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1082126. Visitado o 21 de maio de 2020