(Santiago de Compostela, España, 16?? - Salamanca, España, 1709)
Apuntes biográficos/históricosAínda que é case seguro que este franciscano naceu en Santiago, sábese que cursou os seus estudos no Colexio de Pasantes de Alba de Tormes, licenciándose en Teoloxía na Universidade de Salamanca. No que atinxe aos cargos que desempeñou, obtivo unha cátedra de Artes en Monforte de Lemos, sendo elixido asemade Custodio Provincial de León en 1704.
No tocante ao seu labor intelectual destacou tanto na prosa coma no verso, aínda que estas dúas facetas quedaron eclipsadas polo seu traballo como teólogo, canonista e orador sagrado. Deixou moitas obras publicadas, algunhas das cales non deixaron de reeditarse, proba indiscutíbel da vixencia do seu pensamento.