Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 28 de abril de 1978]
Autor: Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012
Publicación: [1978]
Descripción física: 1 carta ([2] p.) ; 28 x 22 cm
Tipo de contenido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Notas: Carta mecanografada con anotación ms. e sinatura autógrafa
Resumen: Carta, coa cabeceira do "Seminario de Sargadelos", enviada por Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane, en resposta ás súas dos días 8 e 12, confirmándolle que lle chegou o debuxo da tapa para o caderno do Laboratorio de Formas.
Felicítao polo tema elixido para o tapiz do local en Santiago, e suxírelle que faga varios exemplares dos tapices e os venda.
Infórmao de que se vai a inaugurar a galería o próximo Día das Letras Galegas, e que por esas datas vaise presentar a edición facsímil do "Terra de Melide" a cargo de Piñeiro e Filgueira.
Explícalle cómo se aprobou a preautonomía para Galicia e as equivocacións que, na súa opinión, se cometeron. Dalle conta do nomeamento de Marino Dónega como conselleiro de cultura.
Confírmalle que Rosendo está a traballar no Castro, e o informa de que Adriana, a dona de Camilo, acaba de sacar unha praza na Seguridade Social e terá que pasar un ano en Santiago.
Condiciones de acceso y uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
Registros relacionados: [Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 12 de abril de 1978]. - [1978]
[Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 8 de abril de 1978]. - [1978]
Materia / lugar / evento: Díaz Arias de Castro, Rosendo, 1947-
Díaz Arias de Castro, Camilo, 1948-
Dónega, Marino, 1916-2001
Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Cerámicas do Castro
Laboratorio de Formas de Galicia
Cerámicas de Sargadelos
Seminario de Sargadelos
Galicia - Política e goberno - 1975-1982
España - Historia - 1975-1982 (Transición)
Galicia - Emigración - 20º século
Género / forma: Manuscritos
Otros autores: Seoane, Luis, 1910-1979
CDU: 75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
75 Seoane, Luís (044.2)
Tipo de publicación:
Manuscritos
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal