Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 6 de junio de 1972]
Autor: Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012
Publicación: [1972]
Descripción física: 1 carta ([3] p.) ; 27 x 21 cm
Tipo de contenido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Notas: Carta mecanografada
Resumen: Carta enviada por Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane en resposta á súa do 22 de maio comentándolle que Antonio Fernández Tapia e a súa dona Manolita estiveron de visita en Sargadelos, puxérono ao tanto da súa estancia en Bos Aires e déronlle conta de Camilo.
Infórmao de que Blanco Amor tiña dúas conferencias coincidentes coa inauguración da exposición de Barcelona polo que non puido asistir, e asegúralle que lle enviará fotocopia dos recortes de prensa en canto poida.
Confírmalle que Xosé recibiu os seus debuxos para Blanco Amor e coincide na súa opinión sobre o profesor Santamarina.
Infórmao de que estivo con Álvaro Gil en Barcelona e que chegaron á conclusión de que deben formar un patronato. Cre que se podería facer de manera semellante a como se reflicte na fotocopia que lle adxunta, e que a idea é entregar en poucos días o proxecto en Madrid a Falcón, un alto cargo da Dirección General de Bellas Artes.
Asegúra que lle enviará fotos dos decorados que fixo para Salvat e critica que modificaron o debuxo e as cores do programa,o cal lle manda.
Infórmao de que estivo falando con Ramón Piñeiro e Paco del Riego sobre a posibilidade de instalar na sala alta do Museo Carlos Maside a exposición sobre libro galego ao retirala de Barcelona e de facer un seminario sobre o libro galego coincidindo coa mostra. Cren que el debería enviar unha comunicación.
Cóntalle os seus plans para as próximas exposicións na sala de Barcelona e coméntalle que das ilustracións que fixera para o libro "Xente ao lonxe" de Blanco Amor soamente autorizaron publicar dúas.
Avísao de que tomou a determinación de transferir a súa parte nas sociedades "Cerámicas del Castro, Ltda." e "Sargadelos, Ltda." aos seus fillos, en parte por tropezos con Pepe Rey, e coa intención de acercar aos seus fillos. A súa idea é seguir colaborando a través do Laboratorio de Formas e do Seminario de Estudios Cerámicos.
Precisa a súa autorización para ceder as súas participacións, o que significa a renuncia ao dereito de tanteo, polo que lle pide a súa opinión ao respecto.
Condiciones de acceso y uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
Contiene: Contén: copia da carta
Registros relacionados: [Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 22 de mayo de 1972]. - [1972]
Materia / lugar / evento: Díaz Arias de Castro, Camilo, 1948-
Gil Varela, Álvaro, 1905-1980
Santamarina Fernández, Antón, 1942-
Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Piñeiro, Ramón, 1915-1990
Blanco-Amor, Eduardo, 1897-1979
Fernández del Riego, Francisco, 1913-2010
Díaz, Xosé, 1949-
Cerámicas de Sargadelos
Seminario de Sargadelos
Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside
Censura
España - Situación social - 1939-1975 (Ditadura)
Galicia - Emigración - 20º século
Género / forma: Manuscritos
Otros autores: Seoane, Luis, 1910-1979
CDU: 75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
75 Seoane, Luís (044.2)
Tipo de publicación:
Manuscritos
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal