Apuntes biográficos/históricosPouco se sabe da vida de Juan Gómez Tonel, agás que naceu na xurisdición de Santiago e que, arredor do 1612, posuíu unha imprenta. A súa importancia literaria radica na coordinación dun volume titulado Exequias da Raíña Margarida, dedicado á Raíña de Austria co gallo da súa morte. O volume contiña composicións en galego, latín e castelán. O propio Gómez Tonel é autor dun dos sonetos incluídos no volume e titulado Soneto con Falda (estrambote), unha das poucas composicións en galego que se conservan da época. O seu estilo é elexíaco, cunha estética marcadamente barroca.