Apuntes biográficos/históricosFillo de Don Afonso III e a infanta Dona Beatriz de Castela, foi o sexto rei de Portugal. Subiu ao trono á morte do seu pai no ano 1279, nun momento no que o país se atopaba en conflito coa igrexa católica. Levou a cabo importantes accións en prol da cultura, a economía e a política do país. En 1282 casou con Dona Isabel, a filla máis vella do rei de Aragón, o que axudou en boa medida á normalización das relacións entrambos reinos. A súa corte, ao igual que a do seu avó Afonso X O Sabio, foi un importante foco cultural. Prolongou o esplendor do trobadorismo, cultivou a cantiga de amigo e animou aos segrares na súa actividade, de aí que fose coñecido tamén como o Rei Trobador. As súas composicións poéticas destacaron pola sutileza e refinamento estilístico empregados e supuxeron un grande impulso para a escola trobadoresca da lírica galego-portuguesa. Da súa obra consérvanse 72 cantigas de amor, 51 de amigo, 10 cantigas de escarnio e maldicir, 3 pastorelas e unha sátira literaria.
Formas alternativas del nombreDinis Rey de Portugal, 1261-1325
Dionisio I Rey de Portugal, 1261-1325
Rei de Portugal, 1261-1325
Don Dinis, 1261-1326
Dinís de Portugal
, 1261-1325