Apuntes biográficos/históricosMédico xinecólogo, fillo de Manuel Colmeiro Rey e Ángela Laforet Cividanes, sobriño do tamén doutor, José María Colmeiro Rey e curmán do pintor Manuel Colmeiro. Estuda na Universidade de Santiago e cando remata a carreira incorpórase ao Instituto dirixido polo profesor Paul Hoffman, fisiólogo alemán, pertencente á Facultade de Medicina da Universidade de Friburgo grazas a unha bolsa de ampliación de estudos. Máis tarde, entre 1929 e 1930 estivo en Wuzburgo dedicado á cirurxía xinecolóxica e na Escola de matronas. Obtivo o título de doutor na Universidade de Bolonia cunha tese sobre o parto sen dolor cuxa tradución publicouse na Coruña en 1934.
Dende 1931 xa tiña validados os seus estudos na súa volta a Santiago de Compostela. Exerceu primeiro na Coruña ata que en 1942 trasládase a Vigo onde chegou a dirixir o Hospital Municipal.
En 1942 gaña a praza de médico maternólogo da Sanidade Nacional con destino no Hospital Municipal de Vigo e en 1943 faise cargo do Servizo de Maternoloxía, dependente da Sanidade Nacional. En 1967 foi nomeado xefe de Obstetricia e Xinecoloxía do Hospital de Vigo.
Escribiu varias obras sobre a súa especialidade e foi coeditor da Revista Internacional de Sexoloxía. Moi interesado noutros temas ao marxe da súa profesión escribiu "La cibernética y la vida", obra publicada en 1958 tras os seus contactos con precursores norteamericanos e ingleses. E nos últimos anos preparaba un libro sobre a fertilidade das baleas a raíz das noticias sobre a extinción dos cetáceos.
Destacan tamén as súas conferencias e monografías e os proxectos de formación para os seus colegas con cursos organizados polo Colexio de Practicantes. Foi un gran defensor da sanidade gratuíta.
Ostentaba o título de Conde de Pardo Bazán debido á circunstancia de que a súa bisaboa era a avoa de Emilia Pardo Bazán.
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consultado o día 17 de febreiro de 2023 https://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=9464
2. El Faro de Vigo, 26-06-2006 https://www.farodevigo.es/sociedad/2006/06/26/medico-rompio-tabu-sexo-18220313.html
3. La Voz de Galicia, 4-12-2007. Visitado o día 17 de febreiro de 2023 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2007/12/04/medico-vigues-colmeiro-laforet-doctor-kinsey-gallego/0003_6374071.htm