(Viveiro, Lugo, España, 1927 - A Coruña, España, 1965)
Apuntes biográficos/históricosJosé Ramón Villar Chao, nado en Viveiro o 5 de outubro de 1927 e finado o 27 de agosto de 1965, foi un pintor galego.
Fillo de Ramón Villar Ponte e Teresa Chao Maciñeira trasladouse aos 14 anos á Coruña, onde comezou a dedicarse á pintura.
Especializouse en retratos, sobre todo de nenos[2] mais tamén realizou paisaxes, así como ilustracións de libros de Luz Pozo Garza ou Ánxel Fole entre outros. A súa popularidade era tal que en 1960 foi elixido Coruñés do ano por un concurso de Radio Juventud.