(Vilanova de Arousa, España, 1823 - Pontevedra, España, 1890)
"Ramón del Valle Bermúdez de Castro, nado en Vilanova de Arousa en 1823 e finado en Pontevedra en xaneiro de 1890, foi un xornalista, escritor e político galego. Foi mariño, navegando como piloto contador no barco de guerra Atalaya. Despois foi secretario do Goberno civil de Pontevedra. Foi redactor de La Opinión Pública. En Vilagarcía foi director de El Eco de la Ría de Arosa e fundou La Voz de Arosa; tamén colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana. Poeta, foi laureado pola súa composición "A la ría de Arosa" nun certame de Compostela.
Casou con Dolores de la Peña Montenegro e foi pai de Ramón María del Valle-Inclán.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal