(1969 - 2003)
"O grupo Los Key fundouse na Coruña no ano 1969 a raíz da desaparición da famoso Orquesta Radio. Cinco dos seus integrantes, xunto cos outro músico, forman de inicio un dos mellores conxuntos musicais daquela época. Eran uns anos nos que proliferaban numerosos grupos de seis e sete compoñentes, en gran parte como consecuencia da desaparición das orquestras de doce ou catorce músicos.
Actúan por primeira vez o 13 de decembro de 1969, sendo os fundadores de Los Key: Pepe Alva (saxo), Pedro Ramos (trompeta), Agustín Abrodos (batería), Tino Fernández (teclados), Sito Sedes (baixo e voz) e Fernando García (guitarra e voz).
Un ano máis tarde Sito Sedes abandona Los Key para incorporarse a Los Satélites, sendo substituído por Marcial Figueroa, gran trombón que anos despois pasa a formar parte da Banda Municipal da Coruña. O groso do grupo musical queda formado por Alva, Pedro, Agustín e Tino, manténdose durante moitos anos, practicamente ata a súa desaparición, en outubro de 2003.
O posto de cantante vocalista foi cuberto por grandes figuras da canción, entre os que se encontran: Angel Lorrey, Tito Calviño, Paco Montero, Toni, Sito Sedes, Melchor Rodó, Fernando García, Alberto Dopico, Aixa Romay, Manolito Díaz, Paty Lesta, Alma...
As súas actuacións foron numerosas ao longo e ao ancho de Galicia, facendo incursións tamén por terras de Asturias, Santander, León...O seu repertorio era variado, sendo verdadeiros mestres da música mexicana, canción española e ritmo tropical.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal