Apuntes biográficos/históricosLucien Roisin Besnard (L. Roisin), nado en París en 1884 e finado en Barcelona en 1943, foi un fotógrafo e editor francés da primeira metade do século XX, establecido en Barcelona e coñecido pola gran cantidade de postais que fixo de moitos lugares da xeografía española, entre eles Galicia.
Dedicouse, como editor, principalmente ao negocio das postais pois utilizou en moitos casos imaxes tomadas por outros fotógrafos.
As postais, ligadas ao fomento do turismo, obtíñanse a partir de fotografías propias e alleas. Como editor de postais traballou a miúdo con fotografías doutros autores, fotógrafos locais aos que compraba os clichés a fin de poder atender a gran demanda. Debido á falta de documentación e da cantidade de imaxes comercializadas por "Postales Roisin", a identidade destes fotógrafos non puido ser establecida.
Tivo unha tenda na Rambla de Santa Mònica de Barcelona, La Casa de la Postal, onde os seus sobriños Robert e Lucienne Roisin Duc continuaron o negocio ata 1962. O seu arquivo consta de 77.200 imaxes (33.100 negativos + 44.100 positivos -postais-).
Formas alternativas del nombreRoisín, Lucién , 1884-1943
Roisin, L., 1884-1943
Roisin, Luciano, 1884-1943
Fuentes consultadas1. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX4660734. Visitado o 2 de febreiro 2022
2. Catálogo de autoridades da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Visitado o 1 de setembro de 2020