(Vilasante, Lugo, España, 1907 - Santiago de Compostela, España, 1997)
Apuntes biográficos/históricosFoi unha das escasas mulleres galegas que no primeiro terzo do século XX cursou estudos universitarios. Ligada desde os seus anos de estudante ao Seminario de Estudos Galegos. Pertenceu á Sociedad Anónima de Enseñanza Libre (SADEL). Foi profesora de ensino medio e universitario, destinada en varias cidades galegas (Tui, Ourense, Santiago de Compostela) así como en Madrid. En canto ao seu labor como historiadora, consta no seu expediente que participou en escavacións prehistóricas galegas e na recollida de folclore. O seu último destino profesional foi como inspectora de ensino en Madrid. En 1963 concedéuselle a encomenda da Orde de Afonso X o Sabio.