10 - A L A L Á As Cantiéas de Santa María ALFONSO X Habendo escomenzado o coro "Os Rumorosos" a estudear a núm. 65 das Cantigas de Santa María, n-unha versión do mestre Pedrell, coidamos oportuno pubricar en ALALÁ algunhas notas referentes a tan valioso monumento da lírica do século XIII. Dos tres códices conservados, o máis completo é o d'El Escorial, que contén 401 Cantigas todas con notación musical. Según testemuño de frai Gil de Zamora, o rei Alfonso, foi tan bó compositor como poeta. No ano 1922 o eminente arabista don Julián Ribera, pubricou por conta da Academia Española unha edición da música do primitivo códice procedente de Toledo. E sabido que todal-as Cantigas escrebeu Alfonso X en língoa galega, que era na corte de Castela a língoa culta i-a preferida pra a poesía lírica. O marqués de Valmar, pubricounas todas en 1889, por encárrego da Academia Española. Cando o citado cadeirádego don Julián Ribei't afirmou que la música de las Cantigas está escrita en notación musical enigmática cuya clave se perdió, e que .i meirande parte das Cantigas corresponden á música popular árabe, saíulle ao paso boa tanda de refutadores. N-un estudo que don Higinio Anglés preparou pra a Bibrioteca de Catalunya, parece que a teoría do Sr. Ribera ficou compretamente desvirtuada. E Forns, na súa Historia de la Música, pretende desvirtúala tamén. "Nos inclinamos a creer — di Forns — que las Cantigas son fiel reflejo del arte popular del siglo XIII. Si en algunas predomina el carácter oriental, como reflejo de la influencia considerable que en la lírica hispana ejerció el arte ára-. be, en otras prepondera el carácter lento o religioso, como derivadas de antiguos himnos, o un estilo especial de mayor ligereza rítmica, que bien puede provenir de esas canciones de gesta que, como fusión del arte árabe y cristiano, hemos visto aparecer en las lenguas romances o vulgares." A Cantiga 65 que estudeamos, ten ese caraiter relixioso que señala o historiador, e custaría convencerse de que corresponde ao arte árabe. RESPOSTANDO J. MUGIA. — Non, señor. Dos coros galegos d'eiquí, o "Ultreya", criado no 1931, é o máis antigo. O que vostede cita non é galego nin é coro. L. R. MILÁ/ — Efectivamente, son de Rosalía de Castra los versos que se cantan en la balada — no foliada — que Ud. escuchó al "Orfeó Catalá" de Barcelona. En cuanto a la canción que menciona, creemos que la canta el coro "Ultreya" y también el Orfeón Gallego, a cuyas respectivas autoridades podría dirigirse en su demanda. O escriba a Unión Musical Española, Carrera de San Jerónimo, 13, Madrid, que la editó para piano. M. D. — Non-os intresa a confidencia. Faga Vde. a denuncia, qu'a o mellor a música galega, ren gana, pro perde un coitado o cotián café con leite. J. LORES. Federación de Sociedades Gallegas, Belgrano 173 2. A. CASTROMAN. — Teremos moito gusto en lie arranxar unha copea. Veña ond'a nós un martes ou viernes ás 22 horas. CANTORES. — Agasallo do escultor Maza ao' ñoso coro. LEA "A FOUCE" Periódico galego da xuventude nazonalista da América. MEXICO, 1660 O CORO agradeceralle o d'un libro pra regalo a súa BIBRIOTECA