Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 3 de marzo de 1971]
Autor: Seoane, Luis, 1910-1979
Publicación: [1971]
Descripción física: 1 carta ([2] p.) ; 27 x 21 cm
Tipo de contenido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Notas: Carta mecanografada con anotacións ms. e sinatura autógrafa
Bibl.: Luis Seoane : notas ás súas cartas a Díaz Pardo (1957-1979) / María América Díaz, Sada: Ediciós do Castro, 2004, doc. 81, pp. 391-395
Resumen: Carta enviada por Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo informándoo de que recibiu o "Borrador de la Memoria de Sargadelos" de 1970 e o "Estudio para la incorporación" e comentándolle que sinte non poder serlle de máis utilidade.
Dille que acaba de rematar a monografía "Diego Rivera" para o Centro Editor de América Latina que se publicará en cadernos, a cal lle resultou moi interesante polo contexto histórico, e que para a mesma colección está a preparar Varela unha sobre Dalí.
Comenta que lle remite unha carta que enviou á Irmandade Galega polo que considera un ataque, absolutamente gratuito, por defender a Dieste e por aceptar integrar a comisión do "Instituto Argentino de Cultura Gallega" para o cal conceviu un plan de traballo ao que xa renunciou. Considera que se trata dunha maniobra de Valentín para evitar que estea na comisión e non porque estea en contra do libro "Os ananos" de Celso Emilio Ferreiro.
Coméntalle que, mentres está a redactar esta carta, acaba de recibir a súa do 15 de febreiro, posto que as cartas que lle envía desde Sargadelos tardan uns 15 días en chegar a Bos Aires, e tamén a de Xosé Díaz que se retrasou mes e medio.
Con respecto á homenaxe a Nós coméntalle que efectivamente falaran anteriormente de escribir unha nota pero que se esqueceu. Considera que antes de dedicarlle un número a Nós e ao Seminario de Estudios Gallegos é preciso publicar un número máis sobre deseño, arte e artesanía.
Preferiría dedicar o número ás revistas galegas importantes desa época e non só a Nós, destacando especialmente "Alfar".
Condiciones de acceso y uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
Registros relacionados: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. Sargadelos, 15 de febrero de 1971]. - [1971]
Materia / lugar / evento: Rivera, Diego, 1886-1957
Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Paz-Andrade, Valentín, 1898-1987
Seoane, Luis, 1910-1979 - Exposicións
Ferreiro, Celso Emilio, 1912-1979
Díaz, Xosé, 1949-
Irmandade Galega (Bos Aires)
Cerámicas de Sargadelos
Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside
Galicia Emigrante (Programa de radio)
Publicacións periódicas galegas - 20º século
Arxentina - Situación social - 20º século
Galicia - Emigración - 20º século
Género / forma: Manuscritos
Otros autores: Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012
CDU: 75 Seoane, Luís (044.2)
75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
Tipo de publicación: Manuscritos
Derechos: In Copyright (InC)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal