Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 31 de agosto de 1974]
Autor: Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012
Publicación: [1974]
Descripción física: 1 carta ([3] p.) ; 27 x 21 cm
Tipo de contenido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Notas: Carta mecanografada
Resumen: Cartas escritas por Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane en días consecutivos.
Carta do 31 de agosto, coa cabeceira do "Seminario de Estudios Cerámicos. Sargadelos", enviada por Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane en resposta á súa do día 10 confirmándolle o envío de cartas os días 23 de xullo e o 1 de agosto cunha copia da escritura do Museo, a noticia na prensa e notas súas; e o 7 de agosto co formulario para a aceptación do cargo de patrón.
Noutros sobres envioulle tamén novas de Sargadelos e unha copia da carta de Colombo coa donación que efectuou. Sineiro mandoulle a convocatoria para a Xunta de Sargadelos para o 10 de setembro, polo que debe enviar a José Luis a delegación da súa voz e o seu voto.
Infórmao de que Pepe Rey sufriu un derrame cerebral, polo que está en coma, e mándalle as señas da súa muller por se quere escribirlle.
Coméntalle que na xunta de Sargadelos do 13 de xullo tratouse o tema da posible industrialización da comarca de Sargadelos coa intención de controlala, e que casi ao mesmo tempo, un grupo realizou xestións para comprar terreos na zona coa intención de vendelos para industria. Pensan tratar o tema na próxima xunta do día 10.
Indícalle que acaba de rematar a experiencia de "Escuela Libre", da que o mantivo informado por medio das notas de prensa, e infórmalle das visitas de intelectuais que recibiron, entre eles Camilo José Cela, quen deseñou unha vaixela que levará o seu nome.
Pregúntalle pola posibilidade de realizar unha exposición en Barcelona dos seus álbumes e coméntalle a posibilidade de abrir unha sala en Madrid.
Infórmao de que Rosendo e Xosé están de volta.
No mesmo sobre envíalle unha carta escrita o día anterior, o 30 de agosto, poñéndoo ao corrente da reunión do padroado do día 28 de xullo.
Condiciones de acceso y uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
Contiene: Contén: Carta do 30 de agosto de 1974 ([2] p.) -- Carta do 31 de agosto de 1974 ([3] p.)
Registros relacionados: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 23 de julio de 1974]. - [1974]
[Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 7 de agosto de 1974]. - [1974]
[Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 1 de agosto de 1974]. - [1974]
[Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 10 de agosto de 1974]. - [1974]
Materia / lugar / evento: Sineiro García, Santiago, 1946-
Rey, Pepe
Díaz Arias de Castro, Rosendo, 1947-
Díaz, Xosé, 1949-
Vázquez Freire, José Luis
Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Cela, Camilo José, 1916-2002
Cerámicas de Sargadelos
Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside
España - Situación social - 1939-1975 (Ditadura)
Galicia - Emigración - 20º século
Género / forma: Manuscritos
Otros autores: Seoane, Luis, 1910-1979
Títulos secundarios: Título: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 30 de agosto de 1974]
CDU: 75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
75 Seoane, Luís (044.2)
Tipo de publicación: Manuscritos
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal