Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 19 de junio de 1972]
Autor: Seoane, Luis, 1910-1979
Publicación: [1972]
Descripción física: 1 carta ([3] p.) ; 27 x 22 cm
Tipo de contenido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Notas: Carta mecanografada con anotacións ms. e sinatura autógrafa
Bibl.: Luis Seoane : notas ás súas cartas a Díaz Pardo (1957-1979) / María América Díaz, Sada: Ediciós do Castro, 2004, doc. 100, pp. 466-471
Resumen: Carta enviada por Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo en resposta á súa do día 6 ao seu regreso de inaugurar unha exposición en Montevideo.
Relátalle a mala situación da cidade e a emigración masiva a Arxentina.
Alégrase de que Antonio Fernández Tapia e a súa dona Manolita estiveran a gusto na súa estadía en Bos Aires, e asegura non coñecer os detalles da súa conversación con Camilo.
Móstrase de acordo coa idea de trasladar a exposición sobre libro galego ao Museo Carlos Maside, e comenta que intentará chegar a tempo para enviar unha comunicación para o seminario. Coméntalle que pensa participar nas próximas exposicións de Barcelona con gravado arxentino e uruguaio.
Maniféstase en contra da constitución do Patronato do Museo Carlos Maside nos termos que lle propón, e dalle as súas motivacións ao respecto.
Coméntalle que o día 7 lle escribiu a Álvaro Gil e adxuntalle unha fotocopia da mesma.
Avísao de que se lle manda as fotos dos decorados, e o cartel da exposición de Barcelona, por correo ordinario tardará dous meses en chegar debido ao pouco tráfico marítimo entre Europa e América. Pregúntalle se recibiu o boceto da estrela de mar para a pileta de Sargadelos. Pídelle que lle envíe fotocopias das ilustracións que fixo para "Xente ao lonxe" de Blanco Amor que non lle permitiron publicar.
Outórgalle a súa autorización para poder renunciar ao dereito de tanteo, e manifesta que el tamén renunciará á súa parte de Sargadelos.
Coméntalle que está a traballar nun álbum de gravados e no libro sobre Maside, que titulará "Maside e a súa época".
Condiciones de acceso y uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
Contiene: Contén: fotocopia da súa carta do 07/06/1972 a Álvaro Gil
Registros relacionados: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 6 de junio de 1972]. - [1972]
Materia / lugar / evento: Díaz Arias de Castro, Camilo, 1948-
Gil Varela, Álvaro, 1905-1980
Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Blanco-Amor, Eduardo, 1897-1979
Maside, Carlos, 1897-1958
Cerámicas de Sargadelos
Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside
Uruguai - Situación económica - 20º século
Galicia - Emigración - 20º século
Género / forma: Manuscritos
Otros autores: Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012
CDU: 75 Seoane, Luís (044.2)
75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
Tipo de publicación:
Manuscritos
Derechos: In Copyright (InC)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal