Sección: Hemeroteca
Título uniforme: Cultura gallega (La Habana. 1936)
Título: Cultura gallega : literatura, arte, geografía, gráfica, informativa
Publicación, Producción, Distribución, etc.: Publicación: La Habana : [editor non identificado], [1936-1940]
Descripción física: volumes : ilustracións ; 28 cm
Periodicidad actual: Mensual
Periodicidad anterior: Quincenal
Tipo de contenido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: volume
Comienzo / cese: Cesou en: año 5 , n. 80/81 (feb.,marzo 1940) (cf. BNE, 12/02/2010)
Comezou en: 1936 (cf. BUSC, 12/02/2010)
Notas: Información extraída de "Historia de la prensa gallega" de Enrique Santos Gayoso: Director: Adolfo V. Calveiro. Subdirector: Eladio Vázquez Ferro. Xefe de redacción: José Gómez García. Administrador: Jesús Iglesias Surribas. Colaboradores: Ramón Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor, Manuel Lustres Rivas, Roberto Blanco Torres, León Felipe, Gregorio Marañón, Salvador de Madariaga, Ramón Menéndez Pidal, Emilia Pardo Bazán, Ramón Cabanillas, Valle Inclán, etc. Tendencia: republicano, pero co tempo vólvese reaccionario e toma poisicións franquistas. Lingua: bilingüe.Revista ilustrada que abordaba os máis variados temas referentes á Galiza, con seriedade e rigor. Tiña unha sección dedicada ás novas chegadas do noso país e outra referida ás sociedades de emigrantes. Ás veces tamén aparecen informacións sobre actos culturais animados por galegos noutras áreas da América; abundantes fotografías de paisaxes e monumentos; reprodúcense caricaturas feitas por Castelao e por Maside e reprodúcense poemas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Manuel Leiras Pulpeiro, etc.Como noutras publicacións galegas de Cuba destácase a vida e obra de figuras galegas: Marcial Valladares, Pascual Veiga, Valle Inclán, Ramón de la Sagra, Roberto Nóvoa Santos... En 1937 tivo repercusión na Habana a celebración do centenario de Rosalía, esforzo singular desta revista. Leváronse a cabo diversos actos públicos, fíxose unha edición especial e organizouse un concurso literario.Ideoloxicamente mantiña unha clara posición republicana: defendía o Estatuto de Autonomía; afirmaba os valores diferenciais de Galicia; reproducía discursos dos deputados galegos no Parlamento. Criticou, ao principio, os militares sublevados en 1936; deu unha cordial benvida a Castelao, cando este chegou a Cuba en 1938 "en viaxe de propaganda pola causa republicana".A revista pasa por dificultades económicas e veu na súa axuda o reaccionario Diario de la Marina e certos persoeiros que inventaron uns "bonos de gratitude" para soster Cultura Gallega. Cada vez se publica menos en galego; repítese muito a palabra Hispanidade; aparecen biografías que apenas interesan á causa galega; resáltase o "Día de la Raza"; danse novas de Cifesa... En maio de 1939 publica un retrato de Franco. Cultura Gallega acaba sendo unha publicación decadente e híbrida
Director: Adolfo V. Calveiro
Subtítulo do n. 77/79: mensuario regional español de literatura, arte, historia, geografía, gráficos e información de Galicia y de la Colonia Gallega de Cuba
Descrición baseada en: año 4, n. 68/69 (feb.,marzo 1939)
Continuada por: Cultura hispánica: revista mensual de literatura
Reprodución electrónica. Santiago de Compostela : Biblioteca de Galicia, 2009
Reprodución electrónica. Santiago de Compostela : Biblioteca de Galicia, 2018-2020
Publicouse entre 1936-1940
Algúns textos en galego
Dixitalizado. Axudas AMTEGA 2018-2020. RAG
Registros relacionados: Continuada por: Cultura hispánica : revista mensual de literatura, arte, historia, geografía, gráficos e información de todo el mundo y especialmente de la colonia española en Cuba. - Publicación: La Habana : [editor non identificado], 1940
Materia / lugar / evento: Emigración e inmigración
Galicia
Nombre jerárquico lugar: Cuba - A Habana
Cuba - A Habana
Otros autores: Pardo Bazán, Emilia, Condesa de, 1851-1921
Cabanillas, Ramón, 1876-1959
Madariaga, Salvador de, 1886-1978
Otero Pedrayo, Ramón, 1888-1976
Valle-Inclán, Ramón del, 1866-1936
Menéndez Pidal, Ramón, 1869-1968
Blanco-Amor, Eduardo, 1897-1979
Iglesias Surribas, J
Blanco Torres, Roberto, 1891-1936
Lustres Rivas, Manuel, 1888-1936
León Felipe, 1884-1968
Calveiro Couto, Adolfo V
Colonia Gallega de Cuba (La Habana)
CDU: 008(460.11)(051)
Tipo de publicación:
Periódicos y Revistas
Derechos: Obra en dominio público
Comprende:
año 1:n.1 (1936:abr.5) - año 5:n.80/81 (1:feb.1940)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal