Apuntes biográficos/históricosO clérigo José Francisco Bermúdez Mandiá destacou sobre todo como teólogo, canonista e orador, chegando a ocupar cargos de recoñecida importancia na época.
Despois de cursar estudos na Universidade de Salamanca, foi nomeado colexial maior de Santa Cruz, cargo que o obrigou a trasladarse a Valladolid. A súa volta a Galicia veulle da man do posto que ocupou na Colexiata da Coruña. A este sucederíanlle outros destinos de crecente responsabilidade como os que ocupou na maxistralía de Mondoñedo ou na lectoría de Santiago. O cumio da súa carreira chegou no ano 1729 ao ser proclamado bispo de Astorga. Como consecuencia deste nomeamento publícase neste mesmo ano unha obra na que se recollían odas, epigramas e outras composicións poéticas na súa loanza. É a titulada Illustrissimo et Reverendissimo Domino D. Josepho Bermúdez, in Astorgiensen Episcopum nuper electum [...].
Na Catedral de Santiago consérvase o manuscrito Historia del Apóstol Santiago, legado polo clérigo trala súa morte.
Formas alternativas del nombreBermúdez de Mandiá y Moscoso, José Francisco, 1673-1736
Bermúdez de Mandiá, José Francisco, 1673-1736
Bermúdez de Mandiáa, José Francisco, 1673-1736
Bermudez Mandias, Jose Francisco:
Bermudez Mandias, Jose Francisco:
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o 12.07.2017 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=558