(Santiago de Compostela, España, 1775 - Santiago de Compostela, España, 1849)
Apuntes biográficos/históricosCursos estudos de filosofía e dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Nesta universidade tamén foi catedrático de filosofía moral e segundo bibliotecario adxunto.
Na Guerra da Independencia foi o secretario da policía da cidade, colaborando cos ocupantes franceses. Cando remata a guerra foi condenado a morte por afrancesado polo que en 1814 tivo que exiliarse a Portugal.
Regresa en 1817 grazas a protección dos seus parentes, Jacobo Verea de Aguiar e Luís Lopez-Ballesteros Varela de Verea de Aguiar, con gran influencia na corte de Fernando VII. Maila esa protección, únese aos liberais para loitar clandestinamente contra o absolutismo restaurado polo monarca.
Durante o Trienio liberal (1820-1823) foi nomeado subsecretario do municipio de Santiago de Compostela e secretario do concello da Coruña, chegando a ser comisario de guerra.
A súa colaboración coa prensa foi constante durante toda a súa vida. Incluso foi fundador e editor do Diario Cívico Patriota.
En 1843 foi nomeado primeiro presidente da Deputación Arqueolóxica Galega. A súa obra máis destacada é Historia de Galicia, que publica en 1838, e que incluía un dicionario xeográfico de todas as parroquias de Galicia.