Apuntes biográficos/históricosAínda que nado en Lugo, Jacinto Boado y Montenegro inicia os seus estudos como colexial en San Salvador de Oviedo. Ao rematar, trasládase a Salamanca onde exerce como maior e predicador da Súa Maxestade. A volta do autor a Galicia, e máis concretamente á súa cidade natal, é a consecuencia directa do seu nomeamento como maxistral. Pasado algún tempo, é novamente trasladado, esta vez a Compostela, cidade na que será obxecto doutros prestixiosos nomeamentos. Entre eles, estiveron os cargos de reitor da Universidade en 1656, ou o de Administrador do Gran Hospital entre 1664 e 1670. Jacinto Boado e Montenegro fina en 1670, aos poucos días de ser electo bispo de Valladolid.