Apuntes biográficos/históricosVicente del Seixo destacou sobre todo polo seu labor coma agrónomo. Formouse en Leis nas Universidades de Valladolid e de Salamanca, lugar este último no que exerceu coma avogado. Asemade, traballou na Real Lotería de Madrid e formou parte da Sociedade Económica de Amigos do País de Madrid.
Redactou numerosos escritos en torno ás melloras agrarias que consideraba imprescindíbeis para o desenvolvemento da nación. Da súa pluma tamén saíron varias obras relixiosas. Como curiosidade, citar que o contido do opúsculo Qué origen tuvo la tolerancia que usa la Iglesia romana con la griega (1788), valeulle a censura da Inquisición.