Apuntes biográficos/históricosNacido na feligresía de San Vicente de Berres, cursou estudos de Dereito en Santiago, onde se licenciou no ano 1844. Chegou a ser nomeado xefe superior de Administración Civil, pero no ano 1866 decidiu consagrarse á literatura "no sosegado retiro do seu solar nativo".
Escribiu en numerosos xornais, entre eles El eco de Galicia de La Habana ou O tío Marcos da Portela. Colaborou na obra de Madoz Diccionario geográfico-histórico-estadístico de España y sus posesiones de Ultramar debéndoselle a el un gran número de datos e noticias relativos á provincia de Pontevedra. É salientable a súa preocupación polo estudo da nosa lingua, recollida en Elementos de la gramática gallega, e a súa colaboración no Diccionario gallego-castellano, o que lle serviu para obter un asento na Real Academia Española.
Cultivou a poesía, pero a súa obra máis representativa é a novela Majina ou a filla espúrea, que pasa por ser o primeiro testemuño de prosa de ficción na literatura galega. Deixou inédito un moi interesante Cancionero Musical gallego.