Apuntes biográficos/históricosProcurador dos tribunais e funcionario no Ministerio de Facenda, colaboraba en moitos xornais galegos tales como El Látigo, O Galiciano, A Monteira ou A Tía Catuxa. Dirixiu o xornal ¡Beso a Vd. la mano! e tamén La Revista Popular. Fundou Ilustración Gallega : revista de literatura, ciencias, artes y salones que se publicou en Vigo entre 1911 e 1915, órgano da Asociación de escritores gallegos laureados, da que foi presidente.
Autor de relatos, poesía e ensaios, destacan na súa produción obras como Hojas secas, Átomos ou Píldoras. É tamén o autor dunha biografía de Méndez Núñez e da obra Siluetas de las personalidades más salientes de Galicia.