Apuntes biográficos/históricosEditorial Monterrey foi unha editorial galega fundada en Vigo en 1950 por Luís Viñas Cortegoso e Xosé María Álvarez Blázquez.
Monterrey creouse para fomentar a edición de textos históricos en galego ou relacionados con Galicia e a publicación de nova creación literaria en lingua galega. Nos dez anos en que estivo activa (1950-1960), a editora lanzou tres coleccións distintas e un total de dezaoito títulos.
As coleccións editadas foron:
Beatus Jacobus. Libros en castelán de temática relacionada con Galicia.
Leixado do vento. Libros en galego.
Frol e froito. Novas propostas da narrativa en lingua galega.