Apuntes biográficos/históricosA súa biografía contén moitos datos contraditorios e difusos inda que as fontes coinciden nalgúns deles. Sábese que era tripulante do bergantín escravista O Defensor de Pedro onde dirixiu un motín que cambia o nome do buque por A Burla Negra.
Parece que a súa zona de operacións foi o océano Atlántico, entre o golfo da Guinea, as costas do Brasil e a fachada atlántica da Península Ibérica, onde había un importante tráfico escravista do que tanto España como Portugal e Francia se beneficiaban.
En 1832 aparece na costa Mediterránea onde A Burla Negra naufraga preto da baía de Cádiz. A xustiza española prende a gran parte da tripulación condenándoos á forca. Benito Soto escapa e refúxiase en Xibraltar, onde foi apreixado polas autoridades británicas.
Non hai unanimidade nas fontes sobre o seu axustizamento polo que se descoñece se morreu en Xibraltar ou en Cádiz.