Apuntes biográficos/históricosCenobio beneditino situado na parroquia de Lérez, a beira do río do mesmo nome. Non se coñece a data exacta da súa fundación, pero os historiadores sitúana entre finais do século IV e comezos do X que é cando aparece o primeiro documento referente ao mosteiro, unha doazón feita ao abade feita polo rei Ordoño II e a súa muller Elvira Méndez, dun territorio chamado Spinareto, preto do río Lérez, e tamén de libros e outros obxectos necesarios para a igrexa. O documento contén tamén a concesión da exención dos impostos para todos os habitantes do coto.
Nos vindeiros séculos sucédense outras doazóns, incluída a da igrexa de San Sebastián de Pontevedra, concedida pola raíña Urraca e o seu marido o rei Raimundo de Borgoña. No século XII o convento alcanza o seu esplendor, dato que se deduce da súa elección para celebrar a consagración dos prelados de Mondoñedo e O Porto, Munio Alfonso e Hugo, respectivamente, no ano 1113. Asistiron a esta cerimonia o bispo de Braga e o de Compostela, Diego Xelmirez. No século XVI comeza unha fase de decadencia debido aos enfrontamentos coa nobreza laica e outras institucións eclesiásticas por problemas de rendas e de terreos, e tamén polas acusacións de absentismo dos abades que, en moitos casos, nin sequera eran monxes.
No 1540 o mosteiro únese á congregación toledana de San Bieito para lle devolver á orde o seu espírito orixinal. Tras esta unión ábrese no convento un Colexio de Humanidades e Filosofía que tivo entre os seus alumnos aos pais Sarmiento e Feijoo. A institución mantívose ata 1835, cando obrigouse aos monxes a abandonar o mosteiro e pechar o colexio. A finais do século XIX intentouse renovar a orde, pero todos os seus bens foron malvendidos e a igrexas converteuse en parroquia independente da diocese de Santiago de Compostela.
Formas alternativas del nombreMosteiro de San Benito de Lérez
Mosteiro de Lérez
Fuentes consultadas1. Galiciana, Arquivo Dixital de Galicia. Visitado o día 4 de decembro de 2023 https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es/consulta_aut/registro.do?control=ADGA20160754827
2. Catálogo de autoridades da BUSC. Consulta o día 4 de decembro de 2023.
3. Gran Enciclopedia Gallega, 1974 (t. XIX, P. 41-42)