Apuntes biográficos/históricosDaniel Vázquez Campo, nado en Chantada en 1894 e finado en Ribadavia en 1940, foi un avogado e político galego.
Colaborador do periódico "Hidalguía" e director de "La Voz del Agro". Presidente da Asociación Republicana de Chantada, foi reelixido en febreiro de 1931. O 10 de marzo de 1930 foi un dos fundadores da Organización Republicana de Lugo, que se uniu á ORGA, e foi presidente da Comisión Xestora da Deputación de Lugo cando se proclamou a Segunda República Española. Nas Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Lugo pola ORGA.
Casou con Modesta Cuesta Gutiérrez e foi pai da escritora Pilar Vázquez Cuesta.