Apuntes biográficos/históricosEmpresa editora fotográfica fundada polo comerciante francés de papeis industriais para o copiado, Justin Marie Charles Alberty Jeanneret, nacido en Besançon, Francia, en 1885. Charles Alberty estableceuse en Madrid en 1918 onde funda a empresa Casa Chares Alberty y Compañía, S. L., dedicada á distribución de produtos fotográficos. A mediados dos anos 20, xunto coa súa dona, Concepción López y López, crean a empresa Loty cun banco de imaxes de España, Portugal e outros países, chamado Archivo Fotográfico Universal S. A. (Afusa) para axencias de prensa e empresas de turismo. A maioría das fotos son realizadas polo fotógrafo portugués António Passaporte (1901-1983) que traballou como comercial da empresa durante 1927 e 1936, e foi quen alimentou o arquivo fotográfico, principalmente para a comercialización de tarxetas postais. Loty traballaba por encargo para o Patronato Nacional de Turismo e tiña a licencia otorgada pola Real Casa e Patrimonio para fotografar o Real Sitio de Aranjuez. Destaca a importante a colección de fotografías de Lugo, Monforte de Lemos, A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Betanzos (Parque do Pasatempo), Pontedeume, Carballo, Padrón, Iria Flavia e Herbón, Ourense e Ribadavia, Pontevedra, Vigo, Tui Baiona, Poio, Redondela e Mondariz, moitas das cales consérvanse no Arquivo Histórico Provincial de Lugo.