Apuntes biográficos/históricosFillo de José Díez de Isla, que foi interventor de Facenda de Pontevedra en 1895 e colaborou en "El Impertinente". José Díez traballou en "La Tribuna" e "La Prensa" de Barcelona. Regresou a Galicia en outubro de 1924, foi redactor de "Galicia" e entrou a formar en parte do corpo de redacción de "El Pueblo Gallego". Tamén colaborou en "El Progreso". En Vigo artellou a Agrupación Talía e dirixiu un cadro de teatro e declamación. En decembro de 1927 marchou enfermo a Madrid, onde morreu ao ano seguinte.
Fuentes consultadas1. Wikipedia. Visitada o 20 de xuño de 2025. https://gl.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_D%C3%ADez_de_Isla