Apuntes biográficos/históricosFilla de José Vieito Freire e Rosa Bouza Maseda, inmigrantes das Somozas. Exerceu de mestra e creou a súa escola "La Aurora" no barrio de Luyanó para o ensino primario. Publicou os seus primeiros artigos en 1903 na revista Galicia, na sección "Rápidas", baixo o pseudónimo de Zoraida, que mantivo até 1905. Seguiu colaborando en "Galicia", "Galicia en América", "Heraldo de Galicia" e "Eco de Galicia", da que foi directora de 1934 até o seu peche en 1936. Participou na sociedade La Aurora de Somozas. Visitou Galicia en 1924.