Apuntes biográficos/históricosChegou a Cuba sendo mozo e realizou estudos de música na Habana. Formou parte da Banda de Música do Estado Maior de Exército. Militou na Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana e foi redactor da revista "Nós" (1921) e dirixiu o periódico "Terra Gallega" xunto con Fuco Gómez. Compuxo pezas musicais de éxito como "Sonatas de Suevia". Colaborou en "Eco de Galicia", "Galicia", "España Nueva", "Cultura Gallega" e "Cultura Hispánica" e mantivo a sección "Preludios" en "Heraldo de Galicia".