Apuntes biográficos/históricosFoi catedrático de Matemáticas do Instituto de Ourense e director do mesmo. Viaxou ao estranxeiro como bolseiro pola Junta para Ampliación de Estudios en 1927. Colaborou en Heraldo de Galicia, onde publicaba a sección "Apuntes de Roma". Na República formou parte da Agrupación Socialista de Ourense. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado, separado da cátedra e sufriu expediente de incautación dos seus bens. Foi sancionado cunha multa de 500.000 pesetas o 26 de xullo de 1937. Marchou a Palencia, onde vivía a súa nai Anastasia Carrillo de la Torre. Finou en Palencia en maio de 1940.
Fuentes consultadas1. Wikipedia. Consultada o 27 de xuño de 2025. https://gl.wikipedia.org/wiki/Florencio_de_la_Torre