Apuntes biográficos/históricosMatemático, xeógrafo e profesor, o seu nome está ligado á confección do Mapa de Galicia ou Carta geométrica de Galicia, tarefa na que investiría máis de vinte anos. Nela empregaría xa o metro como unidade de medida, preto de trinta anos antes da súa implantación oficial no estado.
A súa actividade política liberal levouno a ser acusado e procesado en dúas ocasións. Deputado a Cortes pola provincia de Pontevedra en varias ocasións entre 1836 e 1844, desempeñou ademáis varias cátedras na Universidade de Santiago de Compostela así como a dirección do Observatorio Astronómico de Madrid. En 1835, ocupou a dirección da Escola Especial de Enxeñeiros e Xeógrafos, asignándoselle a formación do Corpo de Enxeñeiros de Camiños Minas e Montes e das respectivas Inspeccións e Escolas Especiais. É designado en 1836 membro da comisión encargada de propor un sistema de pesas e medidas.
Colaborou no Diccionario de la lengua española (Madrid, 1867) e no Diccionario geográfico estadístico de ultramar, de Madoz. Retirado en Galicia, presidiu a Real Sociedad Económica de Amigos do País, ademáis de fundar na localidade coruñesa de O Castro (Lousame) a primeira fábrica de papel da zona, dotándoa de todo os adiantos coñecidos.